Ciberviolencia
Ademáis dos riscos que pode acarrear a falta de formación emocional e sexual, co acceso xeralizado a Internet e as novas tecnoloxías creáronse novos espazos de socialización para os xoves que permeten novos comportamentos potencialmente perigosos.
Ahí entrarían as conductas de ciberviolencia nas parellas adolescentes, é dicir, violencia de xénero perpetrada dixitalmente nas primeiras relacións afectivo-sexuais dos máis xoves.
Cyberbullying
O ciberbullying é o uso de medios telemáticos (internet, teléfono móbil e videoxogos online principalmente) para exercer o acoso psicolóxico entre iguais (atormentar, ameazar, hostigar, humillar...)
O anonimato, a non percepción directa e inmediata do dano causado e a adopción de roles imaxinarios na Rede converten o ciberbullying nun grave problema.
Fonte: https://www.ciberbullying.com/cyberbullying/que-es-el-ciberbullying/
Cyberstalking
O Cyberstalking é o acoso obsesivo, premeditado e repetido a través de Internet. Para atopar ás víctimas os cyberstalkers usan chats, foros e redes sociais. Así seguen ás persoas, escriben acusacións falsas e ameazas, rouban a súa identidade, etc.
Normalmente o cometen persoas coñecidas e o único que podemos facer é reunir probar e denunciar.
Fonte: https://www.enticconfio.gov.co/cyberstalking-definicion-y-caracteristicas
Sexting
O sexting é o envío de contido erótico, fotos, vídeos ou mensaxes por medios telemáticos (teléfono e Internet). É unha práctica desaconsellada debido a que perdemos o control sobre eses contidos e no futuro poden ser publicados ou caer en mans de quen non queremos.
¿Que opinas sobre o sexting?
¿Como crees que se debe actuar se che chega unha fotografía íntima de alguén sen o seu consentimento?
Chegouche algunha vez este tipo de contido? ¿por que vía ou vías chegouche? ¿como crees que deben xestionarse estas situacións?
Sextorsión
A sextorsión é a chantaxe que recibimos por parte de alguén que de algunha maneira accedeu aos nosos contidos íntimos.
O obxectivo do chantaxista pode ser obter cartos, someter á víctima ou presionala para conseguir más contido de índole sexual. Isto último é moi habitual nos casos de grooming ou de ciberviolencia de xénero.
Como debes actuar se alguén che fai "sextorsión"?
Se eres víctima de sextorsión busca axuda. NON CEDAS A CHANTAXES E DENUNCIA
No confíes na persoa á quen envías as fotos.
No che fagas fotos íntimas, onde se amosen sobre todo partes sexuais.
No deixes o móbil, as claves… a outras persoas. O teu contrasinal é teu e se alguén te obliga ou te presiona para que llo deas non ten quere.
Mantén unha comunicación aberta coa túa familia
Confía na túa familia, sempre, sempre vante a axudar!
Grooming ou ciberacoso sexual
O grooming é o ciberacoso sexual a un menor por parte dun adulto. É unha práctica moi habitual debido á facilidade de comunicación que permete a rede e a dificultade para a supervisión parental da vida dixital, factores que posibilitan que os pederastas vexan en Internet un contexto e unha ferramenta para perpetrar o acoso.
O perigo dos filtros
A estes riscos súmanse as posibilidades tecnolóxicas que brinda a intelixencia artificial. Algo tan sinxelo coma un filtro de instagram pode usarse con malas intencións para que un adulto se faga pasar por un menor.
Porno de venganza
A vinganza porno está relacionada cos comportamentos de sexting. Esta vinganza se produce cando de forma non consensuada distribúense imaxes ou vídeos sexuais sen consentimento do/a protagonista, coa finalidade de facer dano. É dicir, coma unha forma de pornografía non consentida.
Este tipo de vinganza é utilizada polas ex-parellas para exercer ameazas e control.
O abc da seguridade e intimidade en Internet
Pénsao ben antes de facer clic
Non aceptes a persoas descoñecidas en redes sociaies… coidado con “o coñezo de vista...”
Non deas datos personais por internet e menos a personas descoñecidas!
Lembra que obter imaxes de alguén espido para uso privado non quere dicir que teñas permiso para difundilas.
No compartas fotos con contido sexual: SE NON ES TI, NON PODES COMPARTILAS!