Identidade
A nosa identidade é a nosa esencia, quen somos, como vivimos e como nos expresamos no mundo. Así explicado parece sinxelo pero inclúe estas catro dimensións. As coñecías todas?
Identidade de xénero:
A identidade de xénero é como te sintes respecto a ti mesmx. É a forma en que o teu cerebro interpreta quen es. Non está ligada ao sexo biolóxico.
Muller --------- GenderQueer --------- Home
Sexo biolóxico:
Corresponde ás características físico-biolóxicas que diferencian aos individuos a nivel sexual, incluindo os órganos, hormonas e cromosomas.
Femia ----------- Intersexual ------------- Macho
Expresión de xénero:
É a maneira en que expresas o teu xénero. Se basa nos roles tradicionais de xénero: inclúe a forma en que te vistes e te comportas.
Feminina ------- Andróxino/a ---------- Masculina
Orientación sexual:
Refírese ao tipo de persoa pola que te sentes atraídx (física, emocional, espiritual e románticamente).
Heterosexual ------- Bisexual ----------- Asexual
Pansexual ----------- Homosexual/Lesbiana
Como decidimos que é ser home ou muller?
Aínda que non o creas o noso autoconcepto está condicionado polos estereotipos e roles de xénero
Socialización diferencial:
Estereotipos e roles de xénero
Son o conxunto de crenzas compartidas socialmente que as persoas temos en relación ás características, roles e conductas que mulleres e homes deberían levar a cabo, así como as relacións que ambos xéneros han de mantener entre si.
Según se somos homes ou mulleres, a sociedade espera de nós certos rasgos e comportamentos...
Pero todos eles son ESTEREOTIPOS
Falemos agora de diversidade
Pero todos eles son ESTEREOTIPOS
Neste vídeo podes ver como a diversidade sexual está presente ao longo da historia. Segundo as sociedades van cambiando, as mentalidades, as leis e a tolerancia foron cambiando.
Impoñer un modelo "Dous sexos-Dous xéneros" é dicir, a heterosexualidade, non só non se axusta a realidade senón que pode ter graves consecuencias para as persoas que non se identifican dentro deste modelo.
Cando só aceptamos o modelo
DOUS SEXOS / DOUS XÉNEROS / HETEROSEXUALIDADE, non podemos integrar realmente a DIVERSIDADE SEXUAL coma un DEREITO de todas e para todas as persoas.