Recursos
Existen moitos máis temas sobre educación afectivo-sexual que non puidemos abarcar neste obradoiro. Pero ti podes seguir ampliando información dos temas que máis che interesen. Canto mellor informado/a esteas mellores decisións poderás tomar na túa vida. Estes son algúns dos referentes que che recomendamos. Non esquezas que tamén podes acudir a un adulto de confianza para preguntarlle dúbidas, solicitar consello ou pedirlle axuda.
Webs e blogs
Quérote +
É un servizo de información e asesoramento gratuito da Xunta de Galicia dirixido á xuventude.
Alí podes solicitar atención profesional e totalmente confidencial. Dispoñen de consultas presenciais e telefónicas, en liña, por videochamada e por mensaxería instantánea (Whatsapp/Telegram) no 647 018 752 .
Canles de Youtube e charlas TED divulgativas
Series
Apps
Liad@s: é unha app que nos axuda a identificar o sexismo e os mitos do amor romático. O obxectivo é empoderar aos adolescentes e favorecer relacións de parella saudables, reconducindo aquelas dinámicas que puideran supoñer riscos ou comportamentos violentos.
Cresi: é un xogo para evaluar os coñecementos que tes sobre sexualidade e co que podes aprender moito máis xogando. Abarca todos os temas dunha educación afectivo-sexual sana.
Sexapp: é un xogo de trivial e retos sobre saúde sexual e reproductiva.
Olimpia: é unha superheroína que ten que superar xogos para construir unha visión integral da sexualidade. A través de Olimpia poderemos aprender que a sexualidade é sana, diversa, placenteira e responsable. Inclúe non só coñecementos do noso corpo senón tamén das nosas emocións e as conductas dende un enfoque de igualdade.
Libros
El libro de la vagina
Aprende todo sobre o aparato reproductor feminino para coñecer as súas partes, as súas funcións, os procesos hormonais que lle afectan, o seu papel na reproducción... e moito máis.
El clítoris y sus secretos
Non é ningún misterio e sen embargo, o clítoris é un gran descoñecido. Con este libro divulgativo descubrimos a estructura física do clítoris, onde está ubicado exactamente e a función que cumple.
Yoiyo y la sexualidad
YoiYo é un programa multimedia de educación sexual. Facilita o desenvolvemento de actividades e experiencias aprendizaxe autónoma e dirixida. Está pensado para adolescentes ou calquera outra persoa que queira aprender máis de sí mesma e das outras persoas coas que se relaciona.
Outros vídeos para analizar
EL AMOR NO TIENE ETIQUETAS:
https://www.youtube.com/watch?v=EgRBXWIdcyU
EL SEXO SENTIDO (Tráiler):
https://www.youtube.com/watch?v=Be1Z5UWCBrM
CANONES DE BELLEZA ADOLESCENTE:
https://www.youtube.com/watch?v=hKnU6l5SIs8
TRANSEXUALIDAD PREADOLESCENTE:
https://www.youtube.com/watch?v=27Z5h1xXWAo
AHORA O NUNCA. Cortometraje sobre violencia machista desde la infancia.
https://www.youtube.com/watch?v=8I5_1RZuG5c