Como saber se estamos nunha relación sana ou tóxica se apenas temos experiencia e nunca recibimos unha boa educación afectivo-sexual?
Os mitos son “FALSAS CRENZAS socialmente compartidas sobre a verdadeira natureza do AMOR”.
Son enganosos, irracionais e moitas veces imposibles de cumplir. Cales coñeces?
Mito dos celos: "se non sente celos é que non te quere"
Mito da omnipotencia: "o amor todo o pode"
Mitos da media laranxa: "sen outra persoa estamos incompletos. Fáltanos a outra metade"
Mito da exclusividade: "só te podes sentir atraído por unha persoa ao mismo tempo"
Mito do matrimonio: "coma destino último da parella"
Mito da perdurabilidade: "o da paixón eterna"
Mito da fidelidade: "todos os desexos pasionais, románticos e eróticos, deben satisfacerse exclusivamente cunha persoa"
Mito da equivalencia: "o amor é o mesmo que estar namorado"
Mito do emparellamento: "a parella está formada por un home e unha muller"
Mito do libre albedrío: "os sentimientos amorosos non están influidos por factores socio- biolóxicos-culturais axenos á nosa vontade"
Para alguén que está comezando unha relación afectivo-sexual por primeira vez é difícil que non lle condicionen algún destes mitos. O peor é cando aceptamos comportamentos ou situacións coas que non estamos a gusto porque a falta de experiencia non nos permite detectar que pode ser unha relación tóxica.
Fíxate ben nestas tres columnas. Cada unha representa cualidades ou situacións dunha relación sana (columna verde); unha que comeza a ser tóxica (columna laranxa); e outra que e tóxica e pode acabar sendo perigosa (columna vermella).
Di "non" ás expresións de presión
Mándame unha foto que non lla ensinarei a ninguén.
Se me quixeses, enviaríasme o que che pido.
Se me quixeses, deitaríaste comigo.
O que ocorre é que es unha estreita.
Isto fará máis profunda a nosa relación.
Se non querías facelo, para que empezaches?
Non pasa nada porque hoxe fagámolo sen condón.